jueves, 26 de noviembre de 2015

Xunta da nova ANPA Colexio Martínez Otero

Dende a ANPA queremos convidar a tódolos nais/pais de alumn@s do Colexio Martínez Otero a participar nesta xuntanza, onde falaremos temas de grande importancia, coma a presentación do equipo fundador da nova asociación ou o estado das contas ó comezo da nosa actividade, pero o que máis desexamos é poder escoitarvos coma un membro máis desta comunidade educativa. 
Alentámosvos  a participar, a formar parte da directiva e do grupo en xeral. 
Lembrade, temos unha cita, o Luns 30, na Sala Don Bosco do colexio ás 19:00h en 1ª convocatoria e ás 19:30h en 2ª convocatoria. Non nos faltes!

Listado actualizado dos establecementos colaboradores cos ANPA.

Minnistore Burela, 10% dto. para os socios da ANPA

Minnistore Burela, comeza hoxe como novo establecemento colaborador coa nosa ANPA, ofrece un 10% de desconto a tódolos socios durante o curso escolar. Graciñas Laura.

viernes, 13 de noviembre de 2015

Charla meninxite B e a vacina Bexero

Dende a nova ANPA Colexio Martínez Otero organizamos unha charla informativa, aberta a todo o público,  e que terá lugar no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero o vindeiro Mércores 18 de Novembro,  ás 19h, acerca da MENINXITE "B" e a vacina para a súa prevención, a cal será impartida polo Dr. Assad Abadi Abadi, pediatra no Hospital da Costa, e Dª Antonia Ulloa Roo, Lda. en farmacia. Os asistentes terán a oportunidade de preguntarlles tódalas dúbidas que teñan sobre o tema.