jueves, 3 de noviembre de 2016

Graciñas 👋🏻👋🏻👋🏻


Estimados pais e nais dos alumn@s do Colexio Martínez Otero de Foz:

           Como ben sabedes, o pasado 29 de Setembro, celebramos as Asambleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria, en cumprimento dos estatutos da nosa ANPA e ante o anuncio da renuncia de tódolos cargos da actual Xunta Directiva, co fin de renovar os mesmos, ou no seu caso proceder á disolución da ANPA. Decir, que a pesar da relevancia dos temas a tratar, e convidando a tódolos pais/nais de alumn@s,  ademáis dos xa socios, a afluencia foi mínima, 7 persoas, ademáis das 3 que representaban á ANPA. 

            Así pois e ante a inexistencia de candidat@s para continuar coa nosa labor na Xunta Directiva, mediante a presente anunciamos, con gran pesar,  a disolución da ANPA do Colexio Plurilingüe Martínez Otero. Asociación que resurxiu trala desaparición da anterior ANPA, grazas as inquedanzas da que foi socia fundadora e a nosa presidenta, Beatriz Abad Piqueras, que pelexou porque os alumn@s non quedaran sen o apoio dunha ANPA, e trala súa perseverancia, logrou que 4 nais  máis se involucrasen con ela nesta aventura. Como nais primeiro, e como compañeiras na ANPA logo, só podemos estarlle agradecidas pola súa dedicación e esforzo ó  longo do Curso 15/16. Tampouco nos esquecemos inmellorable traballo de Susana Basanta Seijas, a que foi Tesoureira  da nosa andaina, polo seu bo facer e saber estar, e adicarnos o seu valioso tempo. Grazas por todo,  traballar xuntas, en equipo, foi sen dúbida a experiencia máis enriquecedora a nivel persoal para todas nós.

            Foi un pracer para nós o tempo adicado á ANPA co único fin de mellorar a experiencia educativa dos nosos fill@s, e confiamos en que alguén se anime a retomar esta laboura, somos moitos pais e nais no colexio, e moitos aínda están por chegar tamén, tal vez algún se decida, e nos amose outro xeito de dirixir unha ANPA, aportando frescura e novas ideas. 

            Dende a Xunta Directiva da ANPA, queremos agradecer tamén o esforzo de tódolos Comercios Colaboradores, que participaron  con nós de forma xenerosa e altruísta.  Grazas tamén a tódalas familias asociadas, sen a vosa aportación mediante a cuota anual, a ANPA non tería xeito de financiar as distintas actividades realizadas durante o curso pasado.

            Anunciamos de que nos próximos días irán desactivándose as distintas páxinas nas RRSS, Facebook, Twitter, Blogger, así coma o noso correo electrónico... e que utilizábamos coma medios de difusión da ANPA. 


Agora que remata o noso traballo, gustaríanos compartir as distintas actividades que poidemos realizar, grazas ós apenas 50 Soci@s e ós Comercios Colaboradores da nosa  ANPA:

CHARLA INFORMATIVA ACERCA DA MENINXITE “B” E A NOVA VACINA PARA A SÚA PREVENCIÓN, impartida polo Dr. Assad Abadi Abadi, pediatra no Hospital Da Costa, e a Lda.  Dª Antonia Ulloa Roo, farmacéutica no Concello De Foz.
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CURSO 2015/16,  con 9 categorías e premios, tantos coma cursos participantes: 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria,  que constaron dun diploma e un agasallo para os gañadores/as.
VISITA DOS REIS MAGOS Ó COLEXIO, onde os máis pequenos tiveron ocasión de saudar ás SS.MM. de ORIENTE, e levar unha bolsa de “gusanitos” como agasallo.
ACTIVIDADES DE NADAL, organizamos a  SEMANA “LECER BLANCO”, 4 días de xogos tradicionais, cociña creativa, yoga, manualidades... cos nosos nen@s  a través de “Anacos de Lecer”.
CHOCOLATADA DO ENTROIDO,  colaboramos  co colexio aportando o chocolate, que preparou o centro e que axudaron a servir os alunm@s de 4º ESO no pavillón deportivo, onde se xuntaron tódolos nen@s disfrazados, para degustar os distintos doces típicos desta data,  que eles mesmos trouxeran das súas casas, acompañadoos cun chocolate quentiño.
PANOS PARA A VIAXE DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA A LONDRES, colaboramos co  centro nesta sétima edición, aportando uns panos serigrafiados co emblema do colexio, para a identificación dos alunm@s nesta viaxe ó Reino Unido.
OBRADOIRO DE “CUPCAKES”, na ponte Letras Galegas realizamos este obradoiro no que os alunm@s participantes aprenderon a facer a masa e a decorar estes doces tan divertidos, a través de “Anacos de Lecer”
PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS, colaboramos co colexio aportando 3 premios  para os alunm@s gañadores de Primaria e outros 3 para os de Secundaria. 
CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA, mediante a que  tentamos achegar a tódolos pais e persoal docente esta metodoloxía educativa, que busca conectar cos nen@s e mellorar a comunicación dos adultos cos mesmos.
AXUDA ÓS ALUMN@S DE 4º ESO PARA A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, facemos unha pequena aportación económica para a viaxe de fin de curso, como agradecemento pola súa colaboración coa ANPA cando foi preciso. 
FESTA FIN DE CURSO PARA OS ASOCIAD@S

              Por último pedir desculpas por non ter feito máis, e polos erros cometidos, que de seguro, como principiantes nunha ANPA, os houbo. Sen máis, recibide un cordial saúdo desta Xunta Directiva en funcións:

1. Ana Segade Yáñez (Secretaria)
2. Aurora López Barrós (Vocal)
3. Lorena Burundarena Maseda (Vocal)